Río Xallas

Visita á central eléctrica de Ézaro
10 Marzo 2011
Xallas

O río Xallas é un dos ríos galegos que está sometida a maior explotación hidroeléctrica. Unha gran parte do seu curso (desde Brandomil ata a desembocadura) está ocupado por encoros para aproveitamento Hidroeléctrico: A Fervenza, Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía (Central Pindo-Xallas).

A finais do curso pasado visitamos a central e aproveitamos para facer un pequeno traballo sobre este río e unha presentación sobre a visita á central.

O Xallas nace no Monte Castelo, percorre terras de Santa Comba, Zas, Dumbría, Mazaricos e Carnota e, depois de64,5 kmcae nun salto de30 mde altura na enseada de Ézaro. Pouco antes da desembocadura, entre Dumbría e Carnota, forma un abrupto canón escavado nos duros granitos dos macizo do Pindo e Buxantes.

É un río dun gran interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxicoonde podemos atopar numerosas fervenzas (tamén en varios dos seus afluentes), carballeiras (Anllares) e recunchos de lecer. Unha pequena parte do seu curso (desde o remate do encoro de Santa Uxía ata Ézaro) está incluída no LIC “Carnota-Pindo”.

A fervenza do Xallas cae desde os granitos de Buxantes, a30 mde altura, á enseada de Ézaro, onde, co paso do tempo, foi excavando unha poza de máis de16 mde profundidade. O Xallas é o único río de Europa que desemboca deste xeito no mar.  A construcción do encoro de Santa Uxía privou de auga a esta fervenza e só se pode ver cando se abren as comportas do encoro, cando hai enchentas ou os domingos de verán e algúns día de Semana Santa. É, posiblemente, a única fervenza con horario: sábados pola noite (iluminada), domingos e festivos desde o 21 de xuño ao 21 de setembro das 12 ás 14 horas.

Xallas-1

Recentemente coñeceuse que a fiscalía vai recurrir a concesión da Xunta que permitíu á empresa Ferroatlántica secar completamente a fervenza en 2001 prescindindo do caudal ecolóxico que todo río rebe conservar. Con anterioridade a empresa estaba obrigada a liberar2,23 metros cúbicosde auga por segundo, coa consiguiente obligación de preservar a vida do río augas abaixo da presa. 

See video