A quinua. Planta do ano 2013

4 Xaneiro 2013
quinua

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 2013 como “Ano Internacional da quinua” , un cultivo que se presenta como unha alternativa para os países que sofren de inseguridade alimentaria.

Unha planta que ofrece posibilidades de elevar a produción de alimentos de calidade para alimentar á poboaciuón do planeta nun contexto de cambio climático. Esta declaración é tamén un recoñecemento ás prácticas ancestrais dos pobos andinos que o souberon conservar para as xeneracións futuras.

A quinua (Chenopodium quinoa )é o único alimento vexetal que ten todos os aminoácidos esenciais, oligoelementos e vitaminas básicas para a vida. Ademais non contén glute.

Os pobos andios, ao longo de miles de anos, acumularon coñecemento sobre o cultivo e preparación da quinoa e preservaron un importante legado xenético das múltiples variedades.

quinua1

É unha planta que se desenvolve nas máis duras condicións. Soporta temperaturas desde os -8°C hasta los 38°C e pódese cultivar desde o nivel do mar ata os 4.000 m de altitude. Resite á seca e aos solos pobres.

A igual que a pataca a quinua foi un dos principais alimentos dos pobos andinos preincaicos.

Tradicionalmente, os grans de quinua tórranse e móense para facer fariña coa que se fan distintos tipos de pans. Tamén se poden cocer, engadir a sopas, empregalos como cereais, pastas… Ferméntase para obter cervexa ou chicha, unha bebida tradicional dos Andes.

Cocida ten un sabor semellante á noz. Estase comezando a usar na cociña-gourmet e tamén ten aplicacións farmacéuticas e industriais.

A planta atópase en forma nativa en todos os países da rexión Andina, desde Colombia ata o norte de Arxentina e o sur de Chile. A maioría da produción actual de quinua está en mans de pequenos agricultores e asociacións.Os principais países produtores son Bolivia, Perú e Estados Unidos. Cultívase tamén en Francia, Inglaterra, Suecia, Dinamarca, Holanda e Italia.