Quimioterapia nas células tumorais en sangue

19 Xuño 2013
quimioterapia

Uns dos problemas principais das células tumorais é a súa propagación por metástase, pola que estas células trasládanse a un órgano distinto ó da súa orixe a través do sangue. 

O CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) elaborou una estratexia para diminuír este proceso e máis ó tumor. O proxecto consiste en comprobar cantas células tumorais ten o paciente para telas controladas, despois da quimioterapia estas células circulantes no sangue vense reducidas tan so dous meses depois de iniciar o tratamento.

O poder cuantificar estás células axuda moito á comprobación da eficacia do tratamento utilizado, así poderíase saber se un paciente necesita un cambio no seu procedemento de cura.

Na metástase algunas das células non se propagan por si soas, fanno mediante unhas proteínas que os científicos están tentando determinar para evitar o seu desenvolvemento e propagación cun tratamento específico.

En Chicago foi presentado este proxecto elaborado polo CHUS e outros estudios con participación galega referentes o cancro.