A química virtual
O Premio Nobel de Química do 2013 foi para os investigadores Martin Karplus, Michael Levitt e Arieh Warshel, polo seu traballo nos “modelos multiescala para sistemas químicos complexos” relacionado coa química computacional.
Martin Karplus naceu en Viena e é profesor nos Estados Unidos, na Universidade de Harvard. Levitt naceu en Pretoria, Sudáfrica, e con cidadanía estadounidense e británica, exerce na Universidade de Stanford. Warshel naceu en Sde-Nahum, Israel, e traballa na Universidade do Sur de California, Os Ánxeles. Estes tres investigadores comezaron na década dos 70 a desenvolver modelos informáticos que copian a vida real e que se converteron nun dos avances máis importantes para a química contemporánea.
Antigamente o modelos moleculares creábanse utilizando instrumentos rudimentarios como paus e bolas. Hoxe, grazas o traballo destes investigadores, ese traballo é levado a cabo por ordenadores. Grazas a avanzados programas informáticos podemos comprender e predicir os procesos químicos, como por exemplo o funcionamento dunha proteína a partir da súa estrutura, unindo a física clásica e a cuántica. A física clásica facilita os cálculos e a posibilidade de moldear grandes moléculas e a física cuántica axúdanos a simular as reaccións químicas. Por exemplo, para simular como un medicamento se une á súa correspondente proteína, empregase a física cuántica para analizar os átomos que actúan co fármaco, pero simúlase o resto da proteína coa física clásica que é menos esixente. Estas simulacións son tan realistas que se pode predicir con exactitude o resultado dos experimentos antes de executalos.