Quen ía dicir que os tomates non só serven para comer?

4 Maio 2011
tomates

O sol está radiante e o mar tranquilo. Todo perfecto para pasar unha magnífica xornada na praia, cando de repente; vemos envases de plástico aboiabdo na beira, a causa de que o mar expulsa todo o lixo que o ser humano verte nel. A que non nos gusta ver desta forma as nosas praias? Seremos capaces de cambiar isto dunha vez por todas?

Uns investigadores andaluces xeraron un plástico biodegradable realizado a partir da cutina vexetal (biopoliéster que se encontra a modo de esqueleto flexible na pel de frutos, follas e tallos non lignificados). Este material encóntrase en abundancia na natureza cuxa función principal é regular o fluxo entre a planta e o medio ambiente, acutuando como unha barreira entre ambos. Os científicos neste caso empregaron pel de tomate pero poderían utilizar outros vexetais.

Ademais este novo material ten dúas características moi positivas:

1ª) Versatilidade: Empregando determinadas moléculas de orixe natural a modo de aditivos, pódense modular certas propiedades finales do producto, como a cor, a permeabilidade, a resistencia, a rotura ou a degradación, o que permite obter poliésteres para un uso concreto.

2ª) A produción a gran escala xeraría un impacto medioambiental moi baixo.

Esta nova proposta pode que chegue a subsitituir a morea de envases plásticos que enchen as vitrinas dos supermercados e que traen consigo unha serie de problemas medioambientais: non son reciclables, obtéñense a partir de derivados do petróleo, poden transferir compostos químicos aos alimentos que conteñen, incluso as tortugas tinglar están en perigo de extinción provocada en moitos dos casos por inxerir bolsas de plástico confundíndoas con medusas.

plástico