Química por todas partes

1 Decembro 2011
sem ciencia 2011

A química é a ciencia que estudia as propidades das substancias e as reaccións que teñen lugar entre elas.

A primeira reacción química descuberta polo ser humano foi o lume, o que lle permitíu cociñar os alimentos, quecerse e afastar aos animais perigosos.

Desde que existe a química aumentou a esperanza de vida. Na época dos romanos a vida media era de 25 anos e na actualidade anda arredor dos 75.

A química permitiu previr e combater numerosas enfermidades (moitas contáxianse a través da auga, como a malaria).

Nas industrias químicas fabrícanse moitos materiais de uso común: plásticos, combustibles máis eficientes, febras, alimentos, medicamentos, compoñentes electrónicos...

Os produtos químicos tamén son moi contaminantes, por iso é moi importante que as fábricas e os automóbiles teñan filtros, que reduzamos o vertido nas augas de substancias contaminantes e que coidemos o noso corpo evitando o consumo se substancias tóxica como as drogas que poden chegar a producir a morte.