A química e a saúde

4 Maio 2011
medicamentos

A química é unha ciencia moi extendida e con aplicación en diferentes ámbitos. Un deles e o que engloba todo o que ten que ver coa saúde, no cal a química ten unha enorme importancia.

Centrándonos neste tema, cómpre dicir en primeiro lugar, que a química está moi relacionada coa hixiene, posto que a maior parte dos produtos que utilizamos tanto na hixiene persoal coma para limpar a casa ou outros obxectos e superficies, fórmanse a partir de diferentes substancias químicas, ou incluso mediante unha reacción química, como, por exemplo na obtención de xabón  a través dunha reacción de saponificación.

Tamén é importante para a obtención de antisépticos e desinfectantes, que se utilizan para conseguir un estado de asepsia, que é a condición libre de microorganismos que producen enfermidades ou infeccións. Este estado de desinfección é fundamental para os hospitais e quirófanos, pero tamén para calquera tipo de ferida que poidamos ter. Entre os antisépticos e desinfectantes máis habituais atopamos os alcois, o ácido bórico, o peróxido de hidróxeno ou o iodo.

A química tamén é utilizada para a desinfección de alimentos e potabilización da auga, tanto para beber coma para utilizar en piscinas. A substancia máis utilizada nestes procesos é o cloro líquido. O cloro ten a característica química de ser un oxidante, o cal fai que se libere osíxeno matando os axentes patóxenos, polo xeral bacterias anaeróbicas. Outros desinfectantes utilizados na potabilización de auga son: hipoclorito de sodio, hipoclorito de calcio (pastillas), ozono, luz ultravioleta, etc; e na desinfección de alimentos: compostos de iodo, compostos de amonio cuaternario, axentes anfóteros tensoactivos, etc.

Por outra banda destaca a utilización da química no ámbito da medicina propiamente dita, tanto en tratamentos coma en diagnósticos e medicamentos. Un dos tratamentos químicos máis coñecido é a quimioterapia, que se administra para curar a tuberculose, algunhas enfermidades autoinmunes e o cancro, a través de fármacos que destrúen as células malignas.  No que respecta aos medicamentos, cómpre dicir que estes son fármacos integrados nunha forma farmacéutica, presentados para expendio ou uso industrial ou químico, e destinados para a súa utilización en persoas ou en animais, dotado de propiedades que permiten o mellor efecto farmacolóxico dos seus compoñentes químicos co fin de previr, aliviar ou mellorar enfermidades, ou para modificar estados fisiolóxicos. A química está presente tamén en antibióticos, vacinas e anestésicos.

Todos estes avances químicos fixeron aumentar enormemente a esperanza de vida. Hoxe, na Terra habitan cerca de 6.500 millóns de persoas cunha calidad e unha esperanza de vida superiores ás que gozaban as xeracións pasadas. En España, actualmente, a expectativa de vida ronda os 80 anos. Sen a química, agora a esperanza de vida prácticamente non superaría os 40 anos.

 A partir destes datos podemos apreciar a grande importancia que ten a química na nosa vida e  a multitude de beneficios que nos achega, e que nos seguirá achegando ao longo dos anos.

química-vida