Química e deporte. A alimentación dos deportistas

4 Xullo 2011
deporte

Moitos procesos orgánicos están controlados por reaccións químicas, e a alimentación achega os elementos que interveñen nesas reaccións.

Na actividade deportiva a composición dos alimentos ten que ser axeitada en cantidade e calidade á actividade que se realiza. É fundamental que a dieta achegue unha variedade de substancias que garantan o bo funcionamento do organismo e a enerxía suficiente para realizar o traballo. En moitos casos compleméntase a dieta con bebidas e suplementos que achegan substancias para unha finalidade concreta: rehidratar, complementos vitamínicos, suplementos enerxéticos... pero o máis importante segue sendo unha correcta alimentación.