A química do amor
A reacción comeza no cerebro, que comeza a producir un composto denominado feniletilamina que provoca o aumento da enerxía física e a lucidez mental.
Á par desta substancia o cerebro segrega outras, como por exemplo a oxitocina e dopamina, que provoca entre outras cousas a inhibición do apetito, e a desaparición da sensación de cansancio ou sono, o que permite a os enamorados estar horas e horas xuntos sen sentir o paso do tempo.
Pero lamentablemete o efecto destas substancias non é eterno, normalmente dura de 2 a 3 anos, nalgúns casos un pouco máis. Pero máis tarde a atración bioquímica decae.
Cando esto sucede comeza outro tipo de reacción onde as protagonistas son outro tipo de substancias chamadas endorfinas similares estructuralmente á morfina. Esta substancia trae consigo unha sensación de paz, comodidade e seguridade.