A punto de despedirse

5 Xaneiro 2019
mandril

Os mandrís actualmente atópanse en perigo de extinción, debido a súa caza masiva polo seu valor no mercado negro e a isto súmaselle a deforestación, acelerando así a súa extinción, polo que é urxente tomar medidas para a protección desta especie.

 

 

 

oso polar

Os osos polares como consecuencia do cambio climático están sufrindo graves consecuencias. Posto que a partir de 2003 empezáronse a producir as xeadas máis pequenas rexistradas na terra, isto esta provocando o quecemento do clima xunto ca perda de graxa dos osos, graxa que é necesaria para manter a súa temperatura corporal.

 

mono dourado de nariz chato

Outro exemplo e o mono dourado de nariz chato, actualmente só existen arredor de 120 exemplares nas montañas da China, debido a deforestación realizada para acomodar ao turismo e para favorecer as zonas de cultivo.Cómpre destacar a cacería que se adoitaba facer antes dos anos noventa pola súa apreciada pel, porque non había ningún tipo de protección para esta especie.

anfibios

Os anfibios están sendo moi prexudicados debido ao cambio do clima no seu hábitat. O clima óptimo para poder vivir e o ecotérmico, as rás necesitan un clima cálido e húmido.Pero desgraciadamente, nos últimos anos o clima esta sendo  máis frío e o sistema inmunitario das rás debilítase. Situación que beneficia ao fungo Quítrido que está causando a maior pandemia de vertebrados rexistrada,120 exemplares xa se extinguiron e ⅓  están en perigo de extinción.

olm

Olm, é un anfibio prehistórico que leva vivindo nas augas máis profundas de Europa do este dende hai uns oitenta millóns de anos. Necesita auga pura para poder vivir, pero nos últimos anos a contaminación está aumentando progresivamente e estes organismos empezan a pagar as consecuencias do ser humano.

 

coral branco

As estruturas coralinas están compostas maioritariamente por zooxantelas, organismos fotosintéticos unicelulares que proporcionan azucres e aminoácidos aos corais. Pero estes organismos son expulsados polos corais debido a súa toxicidade que adquiren  polo aumento da temperatura mariña. Sen este sustento os corais branquéanse e acaban morrendo. Un caso devastador foi o que  ocorreu en 2016, onde a gran barreira de corais sufriu un branqueamento do 90% e morreron en torno ao 20% dos corais.

 

See video