A pulga ataca de novo

3 Novembro 2011
pulga

O pasado mes as pulgas foron noticia debido á plaga que se estendeu por varias localidades do Salnés coíncidindo co tempo seco e cálido.

Varios concellos tiveron que fumigar os parques e outros espazos públicos.

A pulga é un insecto diminuto (ata3 mmde lonxitude) de cor marrón cun duro caparazón e sen ás. Ten seis patas longas, as traseiras máis desenvolvidas para saltar. Rematan en pequenas garras nos extremos que lles permiten adherise ás persoas e outros animais. Teñen unha boca adaptada para picar e chupar sangue.

As larvas nacen dos ovos aos tres días e despois dun tempo convértense en crisálida e poden aguantar varios meses ata convertirse en adultas cando atopan as condicións axeitadas. Viven no solo, entre o pó, nas alfombras, nas camas doa animais...

A maioría das pulgas son parásitos externos que se alimentan do sangue de mamíferos e aves. Poden transmitir enfermidades como a peste ou o tifo. Noutras epócas causaron grandes epidemias por contaxiar enfermidades a través das picaduras ás ratas.

Coñécense 1.900 especies de pulgas que viven en todo tipo de animais.

Como detectar unha picadura?

A reacción humana á picadura da pulga é a formación dun pequeno gran duro e vermello cun punto branco no centro, máis frecuente nas pernas.

Como evitalas?

O mellor é unha boa hixiene das casas e se se teñen animais mantelos limpos a eles e os lugares onde dormen.