Proxecto PARTNER

3 Febreiro 2012
antenas PARTNER

No presente curso 2011-2012 o noso Instituto participa nun proxecto educativo relacionado coa Radioastronomía: o Proxecto PARTNER. Da súa posta en marcha e desenvolvemento  encargarase o departamento de Física e Química. Así mesmo será incluido no Programa de  Excelencia: “O MUNDO DA ASTRONOMÍA”

Este proxecto consta de tres partes:

-Formación do profesorado.

-Formación do alumnado participante.

-Observación dunha radiofonte coa antena situada nas instalacións da NASA en Robledo de Chavela, na Comunidade de Madrid.

O proxecto diríxese ao alumnado de 4º de ESO que elexiron a Física e Química  como asignatura troncal, pois entendemos que se precisa duns coñecementos  mínimos nista materia para obter un mellor aproveitamento.

partner

Nestes momentos estase a traballar co alumnado de 4º eso A, a razón de unha hora cada 15 días, introducindo conceptos básicos sobre: ondas, espectro electromagnético, radiofrecuencias, historia da radioastronomía... para continuar coa parte práctica do proxecto, que consistirá na observación dunha radiofonte (a elexir) utilizando as instalacións da estación de seguimento de satélites de Robledo de Chavela (Madrid). Esta observación realizarase vía internet conectando coa estación de Robledo e cedendo a radioantena do proxecto PARTNER para ser controlada polos alumnos e alumnas desde o instituto.

http://partner.cab.inta-csic.es