Proxecto HUMSAT

Un novo satélite da Universidade de Vigo
27 Novembro 2013
HUMSAT

Todo comezou coa invitación oficial á Universidade de Vigo a participar nun concurso convocado pola Axencia Espacial Europea para o deseño e  fabricación dun satélite. A universidade aceptou o reto e o seu proxecto foi o primeiro en ser posto en práctica.

Pouco a pouco foise confirmando que aquela oportunidade aproveitada fora correcta, porque no ano vanse lanzar máis de 150 satélites e a Universidade de Vigo está nunha boa posición, tanto a nivel europeo como mundial.  A primeira etapa desta carreira aeroespacial culminou co lanzamento do Xatcobeo (13.02.2012), e este satélite xa orbitou máis de 9.000 veces arredor da Terra durante o tempo que leva no espazo.

Do éxito da posta en órbita deste satélite, pasouse ao Proxecto Humsat, cuxo primeiro satélite, o Humsat-D, foi lanzado o pasado 21 de novembro, dende Yasni (Rusia). Concibiuse no ano 2008, froito do traballo das Universidades de Vigo e Cal Poly (California). En Cal Poly intégranse os proxectos de microsatélites da NASA, coa cal a Universidade de Vigo ten contacto a través do seu grupo en Washington. Este proxecto consiste nunha constelación de satélites, sensores e estacións, nacida cun carácter de cooperación internacional e orientada ao desenvolvemento das capacidades no sector espacial.

O Humsat-D é un satélite que ten como función estudar o cambio climático en zonas sen infrastruturas de comunicación ou eléctricas, e as transmisións de información urxente en situacións de emerxencia (a calidade das augas, os niveis de polución e radiación…). Despegará a bordo do foguete Dnepr, aloxado non interior do satélite nodriza Unisat-5. Terá unha vida útil de dous anos, nos cales recollerá e verificará datos do funcionamento da constelación antes de que o resto dos satélites que conforman o proxecto, sexan postos en órbita. O proxecto Humsat completarase con nove satélites desenvolvidos polas Universidades de Vigo, Cal Poly, UNAM, Baixa California, Torino, Sapienza, Nardvik e Alcalá de Henares.

No futuro, a Universidade de Vigo, ten pensado levar a cabo novos retos: Femtosat, ESEO e G-SAT. O Femtosat terá a función de actuar como repetidor dos sensores Humsat. O ESEO é un microsatélite de observación da Terra. E o G-SAT terá a misión de detectar lume e as temperaturas no mar. Actualmente estes proxectos atópanse na búsqueda de financiación. Cabe destacar tamén, que xa se traballa en dous satélites máis, así como nun programa de lanzamento de globos estratosféricos.

A Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo está composta por sesenta profesores, setenta titulados universitarios no campo aeroespacial, quince enxeñeiros de diferentes escolas de enxeñería, e case cen alumnos que formaron parte do proxecto dende 2007; encargados de deseñar toda a infrastrutura do satélite ao mando de Fernando Aguado.