Proxecto charcas con vida

Día Mundial dos Humidais
3 Febreiro 2013
charcas

Coíncidindo coa celebración do Día Mundial dos Humidais, o 2 de febreiro, Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) presentou en Pontevedra o seu proxecto "Charcas con Vida".

O obxectivo é divulgar a importancia das charcas como espazos de alto valor patrimonial, tanto cultural como natural, e fomentar comportamentos e prácticas que axuden ao seu coñecemento e conservación.  O proxecto une custodia do territorio, educación ambiental e voluntariado ambiental para dar a coñecer os pequenos humidais de Galiza, contribuíndo á conservación do patrimonio e da natureza. 

Contan coa axuda da Fundación Biodiversidade (Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño)  e asinarán un convenio de colaboración co CIBIO (Centro de Investigaçao em Biodiversidade e Recursos Genéticos) entidade que desenvolve un programa semellante (Charcos com vida) en Portugal e coa cal se traballará en rede para conseguir obxectivos comúns e intercambio de contidos.

Anímannos a todos a facer charcas naqueles lugares axeitados onde se poida establecer un pequeño ecosistema natural que favoreza, sobre todo a instalación de plantas acuáticas, algas, anfibios, moluscos e insectos.

Se nos animamos a fecr unha charca debemos ter especial coidado en non introducir ningunha especie allea aos ecosistemas gelegos como carpas ou tartarugas de Florida que impedirían o desenvolvemento das especies autóctonas.

Nos, fixemos, xa hai anos, unha pequena contribución coa construción do estanque do centro no que conseguimos que se desenvolvan unha gran diversidade de animais e plantas, ademais de ser lugar de visita ocasional para aves e insectos.

estanque