Provocan a temperatura máis alta do universo actual

3 Febreiro 2012
acelerador

Acelerador RHIC

Un equipo que traballa no Laboratorio Nacional Brookhaven en Nova York conseguiu a materia máis quente xamáis medida no universo: catro billóns de grados centígrados.

O equipo empregou o acelerador RHIC do citado laboratorio para colisionar entre si miles de millóns de veces partículas de ouro cargadas, creando unha temperatura máis alta que calquera cousa coñecida no universo. O experimento recrea as condicións do universo uns microsegundos despois do Big Bang.

Para o experimento, o equipo de investigación utilizou ouro, facendo que os seus átomos circulasen en direccións opostas no RHIC, un circuíto subterráneo de catro quilómetros de lonxitude ubicado en Nova York.

Estes experimentos co RHIC provocaron unha temperatura 250.000 veces máis que a do interior do Sol. Mediante este estudo, os investigadores esperan obter datos do que pasou poucos microsegundos despois do Big Bang.

 

http://www.youtube.com/watch?v=S3wC61eKJdQ