Profes por terra, mar e aire. Ángel Rey, submarinista

Entrevista a Ángel Rey, profesor de Matemáticas e mergullador
6 Xuño 2012
Ángel

Ángel Rey Roca vive en Vilagarcía de Arousa e é profesor de Matemáticas no IES Francisco Asorey desde hai cinco anos.

-A que idade comezaches a practicar o buceo?

Xa de pequeno, desde os 9-10 anos, na praia, nos veráns, poñía as gafas e o tubo e baixaba a mirar o que había.

-Porque comezaches con esta aficción?

O interese polo entorno mariño.

-Quen che ensinou?

En apnea aprendín eu só, lendo libros, revistas. Con equipo, lendo e nun cursillo.

-Como compaxinas o traballo co buceo?

Nos ratos libres como aficción, nos fins de semana nas vacacións moito máis no verán.

-En que consiste o equipamento de buceo?

Guantes, traxe de neopreno, ordenador de buceo…

-Que clase de buceo fas?
Todo. Cada un ten as súas características a verdade gústanme todos.

-Fas buceo libre, por aficción ou a nivel competitivo?

Participo en competicións de imaxes submariñas. A nivel galego, cando se da  a ocasión a nivel nacional.

-Ao bucear fas fotografías, cazas…?

Fotografías, fàgoas coa cámara de vídeo submariña. Non cazo.

Xeralmente buceo a pulmón.  Cando vou apnea collo peixes e polbos. Ás  veces non collo nada. Cando collo peixes son grandes.

-Cal é a maneira de mergullarse?
Desde terra vaste metendo pouco a pouco, nadas pola superficie e cando estás a bastante fondura mergúllaste. Se te tiras dun barco debes tirarte cara atrás e se hai bastante fondura  teste que tirar de pé.

-Cal e a máxima profundidade á  que te podes mergullar?
No buceo deportivo teñen limitada a40 metros. No buceo a botella, a profundidade que faga falta. Nas competicións máximo a20 metros, porque buscan que haxa boa luz para facer as fotos.

-Cal é a maior profundidade na que tocaches o fondo do mar?

A 40 metrosde profundide.

-O máximo que te alonxaches da costa?
1 km desde a praia.

-Canto aguantas  a respiración?

Baixo a15 metros, por exemplo 8 segundos. Cando ando polo fondo 1 segundo.

-En que consisten as competicións?

-Paisaxe submariño, paisaxe con modelo, peixe enteiro, primeiro plano de peixe, foto macro (algo moi pequeno).

-Sempre tes que ir cun compañeiro?
É moi, moi importante, axúdache, suxéitache da luz, da maior seguridade…

-Como vos entendedes?

Con só mirarnos, xa nos entendemos, porque temos moita confianza de estar moito tempo buceando xuntos.

-Levaches algún premio?

Gañei  varios:  en 2007 subcampeón galego (2º posto no campeonato galego de fotos). En

2008 subcampeón de Galicia en vídeos con outro compañeiro (2º posto era a primeira vez que participei nun vídeo). En 2009: 3º posto no campeonato galego de fotos submariñas. En

2011 campeón galego de vídeos submariños (1º posto); e xunto con outro equipo, os dous xuntos, 1º premio de Galicia e actual campeon de España por comunidades.

-Que hai que facer para grabar un vídeo?
4h mergullado (para grabar as imaxes) e 2h en terra. O video debe ter entre 2 e 6 minutos. (É moi duro e cansado o Campeonato Español, estás sempre en contínua acción)

-Nunca tiveches  algún imprevisto?
Si , unha vez, foi nun campeonato, pasárame do tempo porque faltábame facer unha foto, subimos, porque o corpo ten que eliminar cousas, adaptarse ao cambio de profundidade.

-Tivechedes imprevistos con animais perigosos?
Non.

-Viches algunha vez golfiños ou tiburóns?

Golfiños non, pero tiburons sí;  un, a pintaroxa que chega a medir20 metrosde lonxitude, está apoiada na area, non fai nada e come mariscos.

-Cal foi o animal que máis che gustou dos que atopaches?

Un peixe lúa. Vinno na costa oriental de Ons.

-Cal e o teu lugar favorito para bucear?

Calquera zona de Galicia gústame, gústanmme todas as rías.

-Que foi o que máis che asombrou nas túas inmersións?

Cada vez que me meto na auga sempre atopo algo novo…

-Cal foi a experiencia que máis che gustou?
O que máis é cando imos o meu compañeiro e eu sos. Cando temos que levar a bucear a xente e ser responsables deles, gústanos, pero divertímonos menos.

Ángel-fotos

Algunhas fotos de Ángel Rey