Un problema de todos
Actualmente, no océano Pacífico, existe un gran vertedoiro, chamado o vórtice do lixo, que parece unha illa enorme. Este vertedoiro está formada por varios remuíños de plásticos que xiran entre Xapón e Estados Unidos cunha extensión de 3,4 millóns de km2. O lixo de plástico acumulado é arrastrado dende a costa ou dende barcos
Nel as tartarugas, desgraciadamente, poden ter forma de guitarra, xa que se cando son pequenas unha argola de botella se lles engancha no ventre, teñen que medrar con ela aí. Outros afectados son os albatros (coma o Laysan do Pacífico), adoitan morrer por culpa da inxesta de polímeros que confunden con alimento e que podemos atopar no seu aparello dixestivo.
Tamén os animais por culpa das bolsas de plástico, engánchanse e asfíxianse, e xunto cos delfíns e baleas corren sortes parecidas. Tamén son un problema as redes de pesca que quedan á deriva, que son responsables de enganchar a moitos animais.
Os detritus atrapados nas costas ou procedentes dos barcos, son arrastrados polas correntes mariñas, que forman xigantescos remuíños e crean alfombras de plástico moi espesas.
Nas imaxes podemos apreciar onde se sitúan estes vertedoiros de lixo e o que poden chegar a provocar os plásticos.