A primeira película en cor
Recentemente atopouse a película en cor máis antiga que se coñece no Museo Nacional de Medios de Bradford (Reino Unido). Calcúlase que os rollos da película datan de 1901 ou 1902 e durante anos estivo esquecida nos arquivos dese museo. A película trata de grabacións realizadas polo fotógrafo e inventor británico Edward Raymond Turner, e nelas aparecen os seus fillos xogando con mirasoles, un papagaio e unha peixeira. Antes deste descubrimento pensábase que as primeiras técnicas para facer películas en cor (sen colorear) eran no sistema Kinemacolor (1906) e despois Tecnicolor (1916). O descubrimento da película de Turner indica que o proceso foi máis antigo. Edward Turner, patentou en 1899, xunto co seu financista, Frederick Marshall Lee, o primeiro sistema de película en cor. A técnica desenvolvida por Turner consistía en grabar os fotogramas aplicando filtros vermellos, azuis e verdes, para logo proxectalos superpostos. Non puido probar o éxito do seu invento xa que morreu en 1903, con tan só 29 anos. O traballo foi reanudado por Charles Urban e George Albert Smith, que máis tarde abandoaron o sistema por consideralo inviable e dedicáronse ao Kinemacolor, o primeiro éxito comercial do cine en cor, que os fixo millonarios. Aquí podes visualizar un video onde aparecen as primeiras imaxes en cor en moveneto do mundo e as técnicas empregadas para restaurala.