A primavera máis seca e cálida dos últimos dous anos

6 Xuño 2011
mapa temp

Mapa de temperaturas. Domingo 5 de xuño

En abril augas mil?

Polvo de maio e lama de agosto pon ao labrego de mal rostro.

Nos últimos días estamos vendo constantemente novas dos medios de comunicación nos que se chama a atención sobre a escaseza de auga ou o número de incendios forestais que se están a producir por toda Galicia. Estos son algúns dos síntomas de que estamos a vivir unha situación meteorolóxica anómala para esta época, na que se supón que debería chover moito máis e facer menor calor.

As temperaturas desta primavera son as máis altas desde 1961, cunha media de14,9 ºCfronte ao promedio de11,4 ºCque se rexistrou entre 1971 e2000. Apluviosidade caiu nun 40% e sitúase nos niveis máis baixos en cincuenta anos, cunha oucupación dos encoros dun 73% (o ano pasado por estes tempos era do 80%). Hai problemas de subministro nos de Baiona e Vilagarcía de Arousa. O caudal de dez ríos da conca costeira é inferior nun 49% ao habitual. Os ríos máis afectados son os da Mariña lucense e os sur de Pontevedra. No Umia e no Limia comezan a aparecer as cianobacterias.

170 concellos galegos están en alera de incendios. O problema afecta sobre todo á costa atlántica, Ourense e o sur de Pontevedra e Lugo.

Estamos nunha situación prolongada de de predominio de altas presións de bloqueo ao norte da Península Ibérica que impiden a chegada de frontes desde o Atlántico, e as poucas que chegan debilítanse deseguido e so probocas tormentas locais.

Cales son as razón desta anomalía?. Juan Taboada, de Meteogalicia, explícanos no seu Blogue http://meteoroloxia.climantica.org/ que pode deberse ao fenómeno coñecido como “La Niña” e relaciona as anomalías da temperatura superficial das augas do Pacífico e a presión atmosférica no entorno da península Ibérica. Nos anos en que no Pacífico Ecuatorial as temperaturas superficiais da auga están por debaixo do normal, é dicir estamos en modo ‘La Niña, as chuvias tenden a estar por debaixo do normal en Galicia durante a primavera. Nos anos en que se da o fenómeno ‘La Niña’ a anomalía de presión tende a ser positiva sobre a península Ibérica e negativa ao sur. Esta conexión a distancia pode vir dada a traveś de influencias do Pacífico Ecuatorial sobre o Atlántico Ecuatorial, que á vez inflúe sobre no anticiclón dos Azores, ou ben pode suceder que as anomalías no Pacífico ecuatorial inflúan sobre as latitudes medias do Pacífico e estas sobre as nosas.