Presentación da 2ª edición do libro “Cambados 100 anos de historia a través da fotografía”

3 Xaneiro 2011
libro Cambados

O pasado 21 de decembro presentouse no salón de actos do IES Francisco Asorey a 2ª edición do libro publicado no 2005: “Cambados, 100 anos de historia a través da fotografía”.

Este libro fora feito grazas á colaboración de alumnado, profesorado, institucións e veciños e veciñas de Cambados e quizais por ese motivo acadou un importante éxito.

Na súa primeira edición publicáronse 1.500 exemplares que están xa agotados polo que a dirección do Centro decidiu sacar unha nova edición na que se aproveitou para corrixir erros e ampliar algunhas informacións. Estará á venda nas librerías Cabanillas e Contos de Cambados e recomendámolo se vos interesa coñecer a historia do voso pobo.

Aquí aparecen algunhas fotos do acto de presentación do libro no que participaron dúas ex-alumnas e dúas profesoras que colaboraron no seu día no libro.

libro Cambados-pres

De esquerda a dereita as profes Maribel Iglesias e Mª Jesús García e as ex-alumnas Alicia Martínez e Mª Cruz Muñiz.