Premios Nobel de Ciencias 2013

11 Outubro 2013
nobel-fisica

François Englert e Peter Higgs

Neste días déronse a coñecer os premios Nobel de Química, Física e Medicina.

O luns 7 de outubro anunciouse o Nobel de Medicina, que comparten os científicos estadounidenses James E. Rothman e Randy W. Schekman e o alemán Thomas C. Südhof por descubrir "a maquinaria que regula o tráfico vesicular, un sistema de transporte esencial nas nosas células".

O físico belga François Englert e o británico Peter Higgs recibirán o Nobel de Física (anunciado o marte 8 de autubro) por ter postulado a existencia da partícula subatómica coñecida como bosón de Higgs.

O investigador austríaco Martin Karplus, o sudafricano Michael Levitt e o israelí Arieh Warshel son os gañadores do Premio Nobel de Química 2013, dado a coñecer o pasado mércores 9 de outubro, polo " desenvolvemento de modelos multiescala para sistemas químicos complexos".