Premios Buxaina 2013
O venres 14 de xuño celebramos a II entrega de Premios da revista Buxaina para facer un recoñecemento a todo o alumnado, profesorado e colaboradores que participaron neste curso cos seus traballos na revista.
Despois do pequeno parón por problemas técnicos que tivemos a comezos do curso conseguimos recuperar as edicións e restaurar a publicación da revista. Editamos 8 números desde decembro, un deles adicado ao mar dentro do proxecto OCEÁNTICA. Contamos coa colaboración de 200 autores que eleboraron 277 artigos, 52 videos e 120 presentacións.
Somos conscientes de que todos e todas merecerían un premio, pero escollemos unha pequena representación que vos achegamos aquí, valorando sobre todo, a orixinalidade e estaren feitos con material propio. Apropveitamos para pedirvos que sigades colaborando coa mesma ilusión nas próximas edicións.
A AUTORA CON MÁIS CANTIDADE DE TRABALLOS
12 artigos: Mariña Durán Rubí (1 BAC A)
MELLOR VIDEO:
1º Ciclo: “A Barosa”. Paula Romero Aragunde (1º ESO B)
2º Ciclo: “Extrevista a Mª Xosé Cacabelos, presidenta de Guimatur”: 3º ESO D: Julia Baúlo Martínez, Mª José Caneda Baúlo, Adrián García Rial, Alejandra García Ucha, Ulises González Carrete, Ana Muíños Cousido, Marta Oubiña Lois, Alexander Pereira García, Adrián Trigo Ros
BACHARELATO: “Entrevista ás mariscadoras de Cambados”, Jessica Calo Rodríguez (1º Bacha A)
VIDEO MÁIS VISITADO: “Extracción de pigmentos fotosintéticos”, do ano 2011, con máis de 9.400 visitas de varios países do mundo.
MELLOR PRESENTACIÓN:
1º Ciclo: “A mutilación xenital feminina”: Fátima Cores Lois (1º ESO C)
2º Ciclo: “A leucemia”: Tamara Parracho Martínez (3º ESO )
MELLOR FOTO:
“Cortina de auga”. Mencía Bóveda Oubiña (1º ESO A)
MELLOR DEBUXO
“Lendas da cidade asolagada de Duio”: Jorge Leiro Dozo (1º ESO C)
MELLOR ARTIGO
“O depredador do océano ameazado polo depredador humano”: Berta Ferreiro Amil (1º BCH A )
MELLOR TRABALLO DE GRUPO:
“Experimentamos coa auga”. 1º ESO A