Premios "A Buxaina"
Este fin de curso decidimos facer unha pequena celebración para agradecer e premiar o traballo dos nosos colaboradores e colaboradoras.
Foi un curso moi produtivo no que se publicaron máis de 400 artigos e numerosos videos, presentacións e fotografías realizados por alumnado de todos os niveis e colaboración de ex-alumnos e compañeiros.
Fixemos unha pequena selección representativa para o que tivemos en conta, principalmente, a orixinalidade dos traballos.
-Colaboradora que máis traballos publicou na revista durante o curso 2011-2012: Lucía Santos Vieites (1ºde Bacharelato).
- Mellor artigo “Operación escoliose, unha experiencia pesoal”, de Aldara García Ibáñez (1º de Bacharelato).
-Mellor video: “Construción dunha maqueta de simulación de superficies planetarias” de Ariadna Cordal Garrido (3º ESO).
-Mellor presentación: “Unha forma divertida de estudiar os poliedros” : Vanesa González Otero, Noemí Fortunato Jorge, Anabel Chaves Pregones, Noemí Rey Abal, Cristina Estévez Pena, Silvia Meis Casal (3º ESO D)
-Mellor foto: “Oportunistas” de Vasilena Penkova Dobreva (1º ESO)
-Video máis visto: “Separación de pigmentos fotositéticos” (3º ESO D, 2011), con máis de 3.900 visitas.
-Presentación máis vista: “A enerxía nuclear” de Tamara Parracho Martínez,
Iván Lois Serto e Laura Ozores Castelo (2º ESO A, 2012) con máis de 790 vistas.
Ademais do equipo de profesores do departamento de Ciencias Naturais e Fsica e Química que coordinamos o traballo queremos agredecer a colaboración do profesorado, en especial ao “Taller Lumiere” que nos axudou coa montaxe dos videos e a Asun e Xulián que colaboraron na parte técnica.