Precisión no espazo
David Schlegel, o físico do Lawrence Bekeley National Laboratory (en California, EEUU), logrou determinar cunha precisión do 1% a distancia na que se atopan as galaxias lonxanas, a máis de 6.000 millóns de anos luz.
Pero logo, débese permitir o avance da investigación da enerxía escura, é dicir, aquela enerxía que lle permite avanzar ao cosmos, en canto a distancia se refire, e a súa contínua expansión, que, por certo, nadie sabe que é, nin cómo investigala. Tamén logrou saber cal é esa aceleración, e déronlle un premio Nobel por iso, pero séguese tratando dunha das maiores incógnitas da física e cosmoloxía actual.
No proxecto BOSS (Baryon Oscillation Spectrocopic Survey), o que foi iniciativa deste descubremento, traballan moitos científicos, entre eles, bastantes españois e, para poder investigar, utilizaron un telescopio no Observatorio de Apache Point para poder obter espectros de luz de máis dun millón de galaxias situadas a máis de 6.000 millóns de anos luz da Terra, como antes comentaba. Eles din que cando acaben este proxecto, obtenrán datos de máis de 1.3 millóns de galaxias e máis de 160.000 cuásares e miles de obxectos variados celestes.
Moitos dirán que non é tan difícil, pero para saber as distancias que hai na nosa propia galaxia, xa hai que buscar unha morea de datos, polo tanto para buscar obxectos moito máis lonxe, é un completo sacrificio dos investigadores que usan o seu propio tempo para dalo á ciencia. Estes descubrimentos, danse a coñecer, grazas a que miden as oscilacións acústicas de barións. Estas oscilacións son ondulacións periódicas impresas na distribución das galaxias no cosmos. Aínda que non se pode observar estas oscilacións directamente, senon que son a distancia que hai entre galaxias, e polo tanto, para saber a distancia entre galaxias, miden esta distancia de maneira estadística e moi exacta.
Tódolos resultados obtidos, axudaron a crear as bases do proxecto internacional DESI, que pretende realizar un mapa 3D máis grande e exacto posible, no que España está involucrada. Neste proxecto participan 50 institucións e conseguirán identificar máis de 25 millóns de galaxias e máis de 3 millóns de cuásares.