Pragas do piñeiro de Monterrei

15 Decembro 2012
gorgoxo

Gurgullo

O piñeiro de Monterrei, Pinus radiata, é unha especie arbórea pertencente á familia das pináceas. É orixinaria dos Estados Unidos, principalmente de California. Ten unha talla media de 30 metros de altura e está caracterizado por un rápido crecemento. Por outra banda, esta especie tamén ten aspectos negativos. É capaz de interceptar gran parte da auga procedente das precipitacións, debido ás características da súa follaxe. Así como tamén pode reducir o nivel de pH no solo no que se atopa. Todo isto fai que a presenza e plantación de especies nativas nun ecosistema conxunto sexa irreparable.

A día de hoxe, esta especie xa tivera causado numerosos problemas na flora de países como Chile, Australia ou Nova Zelanda, expandíndose sen control danando a biodiversidade nativa. Por este feito é considerada unha especie invasora, e causa perdas nos ecosistemas autóctonos e así mesmo, perdas económicas, que se invisten en frear a súa invasión.

Pinus radiata

Piñeiro de Monterrei

O preocupante desta noticia é que na actualidade esta situación estase a dar en Galicia. No territorio galego, o piñeiro autóctono, Pinus pinaster, ocupa preto dunhas 300.000 hectáreas, e convive co piñeiro de Monterrei, o cal ocupa unhas 80.000. En Galicia aínda non é considerada invasora, pero os organismos ecolóxicos buscan solucións ao problema.

Recentemente, e tras varios estudos, observouse que insectos herbívoros locais, como o gurgullo e a procesionaria, os cales xa convivían co piñeiro autóctono, están axudando a reducir a capacidade invasora do piñeiro de Monterrei. É probable que e case seguro que o piñeiro autóctono e máis resistente a estes insectos, sen embargo, o de Monterrei pode que non estea adaptado totalmente aínda ao medio, e non desenvolvese a defensa cara estes insectos, o cal é unha vantaxe, para así poder controlar a súa expansión nos montes galegos.