Un pracer saúdable

3 Febreiro 2012
chocolate

Nos últimos anos, a comunidade científica mundial estivo totalmente pendente, ademais de outros estudios, de buscar vantaxes e prevención de enfermidades a partir de alimentos comúns.

O último estudio realizado, sinala ó cacao, principal compoñente do chocolate como un destes elementos que poden previr enfermidades ou axudar a curalas.

O cacao pode ser óptimo neste campo médico pola gran cantidade de compostos fenólicos, suplementos naturais que se atopan nas plantas e teñen beneficios na nosa saúde. Concretamente, e despois de numerosos experimentos en animais vivos, chegouse á conclusión de que o cacao pode previr doenzas intestinais relacionadas co estrés oxidativo, como a aparición de células canceríxenas no colon, provocada por substancias químicas.

A mucosa intestinal é propicia a sufrir patoloxías de diferentes tipos ao introducir no noso organismo, mediante a nosa dieta, numerosos tóxicos como mutaxéneos. Neste ámbito, o cacao parece ser a solución, posto que realiza un papel protector da mucosa intestinal fronte a estes tóxicos. Segundo as conclusións realizadas despois da investigación, o cacao pode evitar a formación de vías celulares que darían lugar a neoplasias ou á formación de tumores. E aínda que os estudios con ratas parecen ser clarificadores polos resultados afirmativos recollidos, é necesario seguir traballando nesta investigación, que suporía un gran avance médico na prevención de cancros, para definir que compostos bioactivos presentes no cacao son os responsables deste resultado.

See video