Pontevedra galardoada co premio hábitat da ONU
A cidade de Pontevedra foi escollida pola ONU como modelo de cidade para vivir.
O Premio ONU-Hábitat recoñece o Concello de Pontevedra pola mellora da calidade de vida a través do modelo de cidade.
Dos 406 proxectos de 95 países presentados, o de Pontevedra foi uno dos seis premiados na categoría de institucións e organizacións. É a única cidade europea con este prestixioso premio.
Recoñécese así o traballo levado a cabo durante estes últimos anos polo goberno do concello para facer que a cidade ofreza unha mellor calidade de vida para os cidadáns e os que a visitan.
O Concello de Pontevedra presentou a candidatura, co título “Pontevedra: Un modelo de cidade centrado nas persoas”, avalada coa participación dun amplo grupo de asociacións e entidades como Cogami, a ONCE, a Federación de Asociacións Veciñais, o Centro Comercial Zona Monumental ou Stop Accidentes.
O premio será entregado na cidade de Dubai (Emiratos Árabes) e, ademais do trofeo e a certificación de honra está dotado con 30.000 euros.
Outros premios recibidos anteriormente son o da accesibilidade da DGT ou o Intermodes.