Poderían ser as bacterias as farolas do futuro?

Algúns científicos especulan coa posiblidade de iluminarse con seres vivos
7 Xaneiro 2019
bioluminiscencia1

Cultivo do lévedo Pichia pastoris

É fascinante como algúns organismos, como as bacterias ou as algas, poden producir luz ou brillo na escuridade. A palabra para esa capacidade aparentemente máxica chámase "bioluminescencia", que vén de "bio", que significa vida, e "lumin", que significa luz.

A bioluminescencia prodúcese porque estes organismos posúen unha sustancia chamada Luciferina que combinada con osíxeno forma unha molécula inactiva chamada oxiluciferina. A luciferasa regula a velocidade, acelerando a reacción que ocorre en dous pasos e que dá lugar á luz:

  • A luciferina combinase co trifosfato de adenosina, forma adenilato de luciferina e pirofosfato sobre a superficie da enzima luciferasa. O adenilato de luciferina mantense unido á enzima: 

luciferina + trifosfato de adenosina → adenilato de luciferina+ pirofosfato.

  • O adenilato de luciferina combinase co osíxeno e forma monofosfato de adenosina e oxiluciferina, a luz  emítese e a oxiluciferina e o monofosfato de adenosina libéranse da superficie da enzima: 

adenilato de luciferina + O2 → oxiluciferina + monofosfato de adenosina + luz.

Bioluminiscencia2

Neonothopanus nambi

Un investigador da Universidade de Sevilla patentou un procedemento para o uso de bacterias ou algas como dispositivos para iluminar as nosas rúas.

A invención consiste en desenvolver un dispositivo utilizando poboacións de microorganismos, sexan bacterias ou algas unicelulares, que emiten luz por si mesmas, grazas ás reaccións anteriores. Deste xeito poderiamos ter lámpadas bioluminiscentes sen consumir enerxía eléctrica ou emitir residuos.

A estratexia enxeñosa proposta por este científico abre a porta a un futuro onde a contaminación lumínica non sexa a protagonista dos nosos ceos, pero aínda temos que esperar uns anos, xa que o custo de produción aínda é moi alto.

 

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=PoBVze8-C_Q