Plásticos biodegradables a partir de lácteos

22 Marzo 2013
plástico-lácteos

Un grupo de investigadores e científicos mexicanos leva catro anos traballando na posibilidade de poder obter plástico biodegradable. Actualmente, o proxecto está a un paso de producir plástico PLA (ácido poliláctico), pero ten unha desvantaxe, xa que o plástico PLA é considerablemente máis caro que a resina tradicional, polo que é necesario desenvolver a tecnoloxía neste ámbito para poder crear un mercado competitivo.

Neste proxecto, o plástico biodegradable estaba sendo obtido a partir do aproveitamento do soro da leite, o cal é un subproduto, considerado desbotable, da industria láctea. Non obstante, a pesar de que o plástico PLA aínda non pode competir cos outros tipos de plásticos do mercado, o ácido-láctico reduce custos na súa produción. Por outra banda, o aproveitamento do lacto-soro do leite tamén produce beneficios medioambientais, xa que este líquido é reutilizado para outros fins e noutros casos sería vertido, o que sería preocupante, xa que  cada mil litros desbotados desta substancia equivale á produción de augas negras de 450 persoas.

O proxecto xa está sendo levado a cabo e contan cunha planta piloto que produce ácido-láctico, que se estima que producirá 300 toneladas anuais desta substancia. Aí aínda non se vai a producir plástico directamente, pero si que estas cantidades poden favorecer a obtención de preto de 200 ou 250 toneladas de plástico biodegradable ao ano.

Ademais, este traballo recibiu numerosos premios e recoñecementos, que favoreceron ó proxecto no ámbito económico e axudaron a desenvolver e mellorar o coñecemento técnico.