Plan de Excelencia Educativa: achegamento ao Sistema Solar

1 Febreiro 2013
Excelencia

Este curso comezou o Plan de Excelencia Educativa cun obradoiro a cargo de Víctor Caamaño, profesor do Departamento de Ciencias do noso centro. Neste primeiro obradoiro tentouse facer unha aproximación ao coñecemento do noso Sistema Solar, dun xeito práctico e visual, para que resultara doado entender parte dos misterios que agocha o Universo máis próximo. A proporcionalidade de tamaño entre os planetas e as súas órbitas, a lúa e os seus movementos e fases ou mesmo as consecuencias da inclinación do eixo terrestre, xa non gardan segredos para nos.

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO, do Plan de Excelencia, durante hora e media, foron protagonistas desta “experiencia planetaria” mentres Ariadna Cordal gravaba o proceso de achegamento ao universo que vos tamén podedes ver no vídeo, que acompaña este artigo, realizado durante esa sesión de traballo.