Pifias de exames

8 Septembro 2013
aula

Achegamos aquí unha selección de respostas erradas en exames ou outro tipo de actividades que resultan curiosas e ás veces simpáticas, aínda que producen a sensación de que se está a perder o tempo.

-Temperatura: forza con que pega o sol (2º ESO)

-Borrasca: Unha forte masa de xente que destrúe todo (1ºESO)

-Que é unha raiz típica?. É a máis típica de aquí, de España. (1º ESO)

-O pole das flores está nos esfínteres (por estames) (1º ESO)

-Raíza aérea: a que vai voando. (1º ESO)

-Flor: é o froito da folla. (1º ESO)

-Froito: é a flor da planta que nos comemos. (1º ESO)

-Semente: a raiz do froito. (1º ESO)

-Función da raíz: agarra á planta para que non escape. (1º ESO)

-Que é unha folla simple?: unha folla normaliña. (1º ESO)

-Animal do bosque mediterráneo: tiburón. (1º ESO)

-Un exemplo de ecosistema galego: polar (1º ESO)

-Exemplo de animais dun ecosistema galego: oso, foca (1º ESO)

-Tipos de aire: paleolítico e neolítico. (1º ESO)

-Os ovarios fabrican hormonas afeminadas. (1º ESO)

-Pubertade: é cando che sale pelo no pene. (1º ESO)

-A pubertade é cando ás mulleres lles sae bigote. (1º ESO)

-Os ovarios fabrican o esperma da muller. (1º ESO)

-Funcionamento do aparato reprodutor feminino: a muller bebe a bebida, baixaa a unha bolsa ata que se enche e chega ao pene ou á vaxina que o bota fora. (1º ESO)

-Temperatura: forza con que pega o sol (2º ESO)

-Características da auga: non contamina e non queda mal na natureza. (2º ESO)

-Esa non a sei, ese día estaba enfermo e non vin á clase. (2º ESO)

-Que é a marea? unha substancia líquida. Cando desaparece a auga do mar. (1º ESO)

-Para onde vai a auga cando baixa a marea?: para outra parte do mundo, para un burato dentro da terra. (1º ESO)

-Que é o sedentarismo: aquela persoa que ten moita sede e non pode pasar sen beber auga. (3º ESO)

-Pon un exemplo de bacteria: espermatozoide (1º ESO)

-Que é unha península?. O que se xunta co resto do mundo (1º ESO)

-O río Umia atravesa Galicia, España e Portugal. (1º ESO)

-Ogino foi un médico chino que recomendaba ás mulleres de máis de 65 anos non ter relacións sexuais.(2º Bacharelato)

-Prostitura é unha muller que presta servizos xurdiciais (1º ESO)

-Un interruptor é un aparello que ao darlle para riba fai clic e ao darlle para abaixo fai clac. (Ciclo Superior de electrónica)

-Non sabes o que é o silenzo? Sí profe, Fujitshu (1º ESO)