Philae, un robot nun cometa
Philae é o nome dun robot da Axencia Espacial Europea (ESA). Este realizou unha importante misión na historia da ciencia. Aterrou sobre a superficie do cometa 67P, situado a 511 millóns de km da Terra, localizado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.
Este robot na superfie terrestre ten unha masa de 110 kg, en cambio na superficie do cometa case non chega a alcanzar os 10 g, isto é debido á pouca gravidade. Componse de 10 instrumentos de observación, entre os cales se atopan 6 cámaras fotográficas, un tomógrafo e un espectrómetro. Ademais cabe destacar que foi enviado nunha sonda nodriza, Rosetta, ao espazo.
A súa misión é a de buscar na superficie do cometa moléculas orgánicas que foron fundamentais na aparición da vida na Terra. Estas mostras son recollidas polo robot e enviadas á nave nodriza, e dende ela á Terra.
O momento máis problemático desta misión era a aterraxe do Philae sobre a superficie do cometa. Tanta era a súa dificultade, comparada con lanzar un proxectil a millóns de km, que agardamos 10 anos para poder presenciar este fenómeno.
Afortunadamente o robot conseguiu o obxectivo, aterrar sobre o cometa. Aínda que se produciron dous problemas inesperados, o equilibrio sobre dúas patas e, o máis importante, un erro de 1 km. Este erro a pesares de parecer mínimo é o responsable de que o Philae só teña 1'5 horas de Sol e non 7 horas como se tiña programado. Esta foi a razón do esgotamento da súa batería.
Desafortunadamente teremos que esperar ata agosto do 2015 para poder volver ver o Philae en funcionamento, xa que será nese momento cando pase máis preto do Sol. Aínda así, o Philae conseguiu facer a súa primeira perforación antes de se lle esgotar a batería, da cal xa se coñecen os resultados, a presenza de átomos de carbono sen os cales a vida non sería posible.