Perclorato, gran "contaminoso"

2 Febreiro 2013
perclorato

Presente no combustible sólido de foguetes, en certas bengalas de sinalización e nos fogos artificiales, o perclorato é un contaminante perigoso que pode danar o funcionamento da tiroides interferindo coa captación de iodo.

Recentemente, debido á rotura dun estanque compensador e acumulador de concentrado da planta de filtros da División Andina de Codelco, preto das Vegas, 5 metros cúbicos de concentrado de cobre, onde tamén había presenza de cloro, foron parar ó río Blanco, afluente do río Aconcagua.  A facilidade de disolución rápida do perclorato permítelle transportarse a grandes distancias a través de augas subterráneas e ríos.

Mais non é a primeira vez que isto sucede. Deste xeito, o perclorato foi recoñecido como un alto polucionante medioambiental das fontes de suministro de auga, principalmente nos Estados Unidos.

Un estudio levado a cabo na Universidade de Illinois, determinou un novo catalizador formado por dous metais, paladio e renio, e sustentados en carbono activo, capaz de eliminar o nocivo composto da auga. No funcionamento do catalizador, a temperatura e presións normais, o renio quita un átomo de osíxeno da molécula de perclorato, no que se chama unha reación de transferencia de átomos. Mentres tanto, o paladio activa os átomos de hidróxeno gasosos para que reacionen co osíxeno libre. Finalmente, o que quedará, será auga e un cloruro. Esta reación continuará mentres exista gas hidróxeno e perclorato contaminante.

Levar a cabo unha descontaminación usando microorganismos naturales, ou mediante a tecnoloxía de bombeo e tratamento, sería demasiado complicado, posto que a superficie contaminada é sumamente extensa, e este tipo de métodos de descontaminación consume bastante enerxía e son relativamente lentos. Por este motivo, tecnoloxías actuales como os catalizadores son moito máis eficaces para executar tarefas como esta, e trátanse tamén de métodos naturais que non repercuten na natureza.

catalizador