Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

6 Septembro 2012
percebe

Os percebes e os arneiróns son un animais mariños que forman parte, xunto cos cangrexos, os camaróns e outros animais, do grupo dos crustáceos, aínda que aparentemente non teñan nada en común.

En Galicia son moi abundantes e comúns. Os percebes aparecen nas costas rochosas onde bate o mar con forza e son moi valorados como mariscos. Os arneiróns están por todas partes, nas rochas da beiramar, sobre as cunchas, nas boias, nos cascos dos barcos ou na pel das baleas. Ambos teñen en común que en estado larvario son nadadores e cando son adultos fíxanse a un soporte e aliméntanse por filtración. Son tamén moi coñecidos por ter un dos récords do mundo animal, “o pene máis grande” con respecto ao seu tamaño. Eso é debido a que teñen que copular sen despegarse da rocha onde viven, polo que teñen que facer chegar os seus espermatozoides ás femias empregando un órgano moi longo. Por certo, son hermafroditas, aínda que actúan como macho ou como femia alternativamente. 

<a title="Percebes, arneiróns e outros cirrípedos"