Pensa, aliméntate, aforra!!

Lema do Día Mundial do medio Ambiente 2013
28 Xuño 2013
alimentos af

Recentes estudos amosan que unha terceira parte dos alimentos producidos en todo o mundo pérdese ou desbótase durante a etapa de produción e consumo. A metade destes desfeitos teñen lugar nos países industrializados onde vendedores e consumidores rexeitan alimentos en bo estado e un tercio dos desfeitos teñen lugar nos fogares.

A cantidade acada os 300 millóns de toneladas, equivalente a máis da produción total de toda África subsahariana. Esta cantidade sería suficiente para alimentar a 900 millóns de persoas que padecen fame no mundo, segundo a FAO.

Ao falar de perda de alimentos referímonos á diminución en cantidade ou calidade dos alimentos destinados ao consumo humán durante o proceso produtivo; comida producida para ser consumida polas persoas que remata no lixo ou convertida en enerxía ou alimento para animais.

Os alimentos estropéanse, perden calidade… antes de chegar ao consumidor, durante o procesamento, almacenamento, distribución… Unha parte desbótanse na etapa de venta ou consumo (caducidade, perda de imaxe, danos, compras excesivas ou innecesarias, mala conservación ou manipulación…)

Que se pode facer?

-Concienciar á poboación de que o desbote de alimentos é un problema global con efectos negativos para o ser humano, o medio ambiente e a economía.

-Transmitir que é posible combater este problema mediante pequenos cambios nos nosos hábitos.

-A  web de Piensa.Aliméntate.Ahorra pretende convertirse nun portal onde achegar ideas sobre cómo mercar e como desbotar menos alimentos e, ao mesmo tempo chama a todos e todas á acción.