Pegar e cantar
Tras a caída dun alpinista inglés mentres practicaba este deporte, unha das súas pernas quedou fracturada en cinco partes. Cando a amputación parecía xa a única opción, un ciruxán ortopédico propuxo aplicar un remedio sen precedentes: un pegamento natural obtido a partir da mestura de células nai da médula ósea e coláxeno.
Despois de 6 meses inmobilizado, a perna resultou completamente recuperada.
Este é, tan só, un exemplo das innovadoras técnicas médicas que se están a desenvolver. Neste caso, os pegamentos fabricados a partir de compostos químicos están a ter moito éxito, xa que evitan complicacións cirúrxicas e axilizan o tratamento e a recuperación dos pacientes.
Algúns dos superadhesivos máis usados son:
-Bone Clement: formado por unha resina sintética flexible, cunha resistencia 7 veces superior á do vidro.
-Dermabond: a súa gran ventaxa, a de evitar marcas e cicatrices nos puntos de sutura.
-Bone Clement II: pegamento óseo que repara as vértebras da columna deterioradas ou fracturadas pola osteoporose.