Pedra pómez, a rocha que aboia

23 Maio 2014
pedra pomez

A pedra pómez (pumita, liparita) é unha curiosa rocha volcánica que é tan lixeira que aboia na auga.

Cando a lava é proxectada ao aire sofre unha gran descompresión polo que se produce unha desgasificación que orixina espazos baleiros separados de finas paredes de vidro volcánico.

É unha rocha de cor gris, de baixa densidade, moi porosa  á rocha. Está composta por feldespato potásico, seixo e plaxioclasa.

Emprégase como abrasivo enteira ou moída (limpavidros, gomas de borrar, cosméticos exfoliantes, produción de roupa vaqueira gastada, dentífricos, ondontoloxía, xabóns, apomazado de rochas, puído de mobles …), en construción,  para cementos puzolánicos e morteiros lixeiros… Nalgunhas zonas fanse pezas de artesanía. Son coñecidas as de Toconao e San Pedro de Atacama en Chile.