A Patagonia
A Patagonia é unha rexión xeográfica situada na parte máis austral de Sudamérica que destaca polas paisaxes espectaculares e os grandes valores naturais.
Inclúe territorios de Arxentina e Chile, separados pola Cordilleira dos Andes. Está limitada polo Océano Pacífico, ao leste, o Atlántico, ao oeste e os ríos Neuquén e Colorado, ao norte.
Debido á sua extensións e á variedade de altitudes atópanse diferentes climas e ecosistemas que dan lugar a unha gran diversidade de hábitats con especies moi diversas, algunhas únicas ou pouco comúns. Tanto en Chile como en Arxentina hai numerosos Parques Nacionais en áreas de montaña, costa, glaciares, estepa, bosques…
É unha zona de gran atractivo turístico na que se pode practicar senderismo, deportes fluviais, pesca, deportes de neve…