As patacas tamén conteñen adictivos

4 Xaneiro 2012

I

patacas

nvestigacións realizadas na Universidade de California en Estados Unidos descubriron que as patacas, así como outros alimentos ricos en graxa, provocan a produción por parte do intestino dunhas substancias químicas naturais chamadas endocanabinoides. Estas substancias químicas, similares ás que se producen co consumo de marihuana,  producen unha pequena adición que é a responsable de que alimentos como as patacas, ben sexan cocidas ou fritas nos sexan irresistibles.

O proceso de produción de endocanabinoides comeza na lingua. As graxas envían un sinal ó cerebro a través dos nervos que á súa vez lle transmiten ó intestino a información e comeza a producir endocanabinoides. Os endocanabinoides non só provocan a necesidade de inxerir graxas, senón que tamén posúen unha función de regulación da resposta ó estrés, o estado de ánimo, o apetito e o movemento da comida polo intestino.

A existencia desta substancia non é un simple capricho, senón que ten unha explicación en canto a un criterio evolutivo xa que os animais necesitan consumir unha determinada cantidade de graxas para que as células funcionen correctamente.

Actualmente, a produción de alimentos moi ricos en graxas provoca que se exceda a cantidade necesaria de graxas e a produción de gran cantidade de endocanabinoides. Isto provoca resultados non saudables en canto a peso, sobre todo na poboación máis xoven que son os que máis alimentos industriais consumen.