Pasou o perigo?

4 Maio 2011
fukushima

Pasadas xa unhas semanas dende a gran catástrofe no Xapón, parece que todo rematou: Xa non se ven tantos informativos no telexornal que falen diso, nos xornais case nin se menciona a situación, na radio noticias sobre iso son case inexistentes…

Todo o mundo pensa que xa rematou o gran problema que algúns o clasificaron de estado “apocalíptico”. Pero que non só son os efectos inmediatos que produce una catástrofe coma esta, tamén hai efectos secundarios que moitas persoas pasan por alto e non lles importa.

Substancias radioactivas 20.000 veces por enriba do límite legal anual filtráronse ó mar dende a avariada planta nuclear de Fukushima entre o 1 e o 6 de abril. Neses seis días escapáronse ó mar arredor de 520 toneladas de auga con elevada radioactividade. A filtración foi detectada o 2 de abril , aínda  que para entón xa se filtrara ó Océano Pacífico preto de 5.000 terabecquerels de sustancias radioactivas.

A comezos deste mes TEPCO verteu ó mar unhas 11.500 toneladas de auga con radioactividade relativamente baixa (cen veces superior ó límite) para deixar espazo en varios depósitos coa fin de almacenar neles líquido moito máis contaminado.A radioactividade  provocou que o Goberno  evacuara un radio de 20 km en torno á central. Antes dun mes ampliará as áreas de evacuación a outras cinco localidades situadas  ata a 40 km nas que se detectou a alta radioactividade. Para tratar de impedir que a radioactividade se espalle no mar, TEPCO instalou hai doce días unha barreira con placas de aceiro e unha muralla de material sintético no litoral.