Un paso máis fronte o cancro de mama

Unha luva con sensores podería substituír ás mamografías
26 Marzo 2016
Sensores que detectan cancro de mama

Investigadores da Universidade de Tokyo xunto con investigadores de EEUU foron capaces de crear un sistema mediante o cal se pode detectar o cancro de mama, sen necesidade dunha mamografía. Trátase dun nanosensor de 8 micrómetros de espesor, que pode detectar a presión en 144 sitios ao mesmo tempo. Así, pódense localizar tumores ao medir os cambios e a distribución da presión no peito. Este descubrimento achéganos a unha forma máis fácil, menos dolorosa e sen necesidade de expoñerse a radiacións para detectar o cancro, polo que nun futuro a detección do cancro de mama podería resultar  moito máis simple coa utilización de guantes sensibles á presión.

Ademais da súa transparencia, este sensor adáptase perfectamente aos dedos grazas á súa flexibilidade, podendo manter a súa precisión incluso cando se curva ao redor de superficies suaves como a pel. Para isto, empregaron nanotubos de carbono e grafeno a un polímero de plástico e tecidos de nanofibras cun diámetro de 300-700 nanómetros. Estas nanofibras enrédanse entre si, dando lugar a un material composto que é transparente e incriblemente delgado e, ao mesmo tempo, moi sensible, xa que pode medir con exactitude raios de ata 80 micrómetros.

Sensores que detectan cancro de mama 2

O seu funcionamento é simple; basta con aplicar unha presión constante nos peitos con estes sensores, podendo detectar as diferenzas entre unha textura de peito normal e unha con tumores.

Para comprobar o rendemento deste sensor, os investigadores xa o probaron cun vaso sanguíneo artificial e viron que podía detectar pequenos cambios de presión, así como na velocidade de propagación desta. Agora, o principal obxectivo é crear luvas que detecten esa presión no peito, intentando substituír ás mamografías.