Parentes letais
Científicos internacionais tentan descubrir se o primate Nycticebus kayan , se trata dunha nova especie xa que dito animal caracterízase por facer vida nocturna o cal dificulta o seu estudo. Os animais nocturnos tenden a deixar menos pistas e probas visuais que os describan a si mesmos, o cal xera confusións ou semellanzas con outras especies xa coñecidas.
Dito primate tratase dun preguiceiro que está máis relacionado coa familia dos lémures que coa dos monos ou simios. Convive en Borneo con outras 3 especies de preguiceiros como por exemplo o Nycticebus menagensis , N. bancanus e N.borneanus. Estes difiren entre si polas características específicas da cabeza e seméllanse na súa mordedura tóxica tanto sexa para as súas presas como para os seres humanos. A toxina encontrase nunhas glándulas situadas nos cóbados e o seu mecanismo de execución é bastante peculiar. Este basease en que os propios preguiceiros lamben o veleno dos cóbados e mestúrano coa súa saliva, este método non só serve para alimentarse senón que tamén ten unha función preventiva que consiste en recubrir o pelaxe das crías co veleno para protexelas dos predadores.
O seu veleno caracterízase por ser moi potente e causar un efecto mortal anafiláctico nas persoas por este mesmo motivo cando son capturados para ser vendidos no mercado negro, os traficantes previamente extráenlle os dentes caninos e incisivos para evitar sorpresas desagradables cos seus novos donos pero este feito a larga pode causarlle a morte ao propio animal pola súa incapacidade para alimentarse correctamente.