Papiroflexia modular

Unha experiencia educativa na clase de Plástica
6 Xuño 2011
composición modular

O obxectivo desta Unidade Didáctica é a creación de composicións a partir de módulos bidimensionais e tridimensionais.

Elaboráronse composicións planas e tridimensionis utilizando a técnica da papiroflexia, na modalidade da papiroflexia modular que consiste en colocar unha cantidade de pezas idénticas xuntas para formar un modelo completo. As pezas son normalmente simples pero o ensamble final pode ser complicado.

Desta maneira construíronse todos os poliedros regulares a partir de módulos tridimensionais, así como poliedros regulares estrelados.

Os poliedros regulares foron fonte de investigación científica ao longo da historia. Aparecen frecuentemente na natureza e, pola súa beleza, foron utilizados na arte.

composición modular1