Papá Noel
Pai Nadal, Papa Noel ou Santa Claus é un persoaxe lendario que, segundo a cultura occidental trae agasallos aos nenos de todo o mundo na noite de Nadal.
Está inspirado nun bispo cristián de orixe grega chamado Nicolau que viviu no século IV en Anatolia, nos vales de Licia (na actual Turquía). San Nicolau era unha das persoas máis veneradas polos cristiáns da Idade Media. As súas reliquias consérvanse na basílica de San Nicolau en Bari (Italia). Contan que facía moitos miragres, especialmente curacións de nenos. A súa fama como repartidor de regalos posiblemente está relacionada cunha historia que de cando era cura e quixo axudar a un home pobre a que casara ás súa fillas. En segredo deixouxe moedas de ouro agochadas nos calcetíns que tiñan a secar na cheminea.
O persoaxe foi representado de moitas formas, como un duende pequeno e fraco, como un bispo de traxe verde, vermello ou castaño e finalmente como un vello gordo de barba branca que vive no Polo Norte e ven nun trineo voador tirado por renos. Esta última forma moi difundida polos americanos.
A tradición de facer regalos aos nenos ven de moi antigo e existen diferentes persoaxes: en Italia a fada Befana, en Cataluña o Tió de Nadal, no País Vasco e Navarra o carboneiro Olentzero en Galicia o Apalpador.