A pandemia que non cesa

Cúmprense 35 anos do descubrimento do VIH como causante da SIDA
7 Xaneiro 2019
Linfocitos infectados por VIH

O 20 de maio de 2018 cumpríronse 35 anos do descubrimento do VIH. Actualmente máis 36,7 millóns de  persoas no mundo están infectadas con este virus e só o 30% deles o saben.

Que é o VIH?

VIH significa virus de inmunodeficiencia humana.Este virus dana o sistema inmune, xa que destrúe os glóbulos brancos, linfocitos,  que combaten as infeccións. A causa disto é máis fácil enfermarse de gravidade e incluso morrer por infeccións que o corpo normalmente podería combater.

Sen embargo, o SIDA (síndrome de inmunodeficiencia adquirida) é a enfermidade causada polo VIH. É a fase máis grave da infección por VIH, e tense cando se contraen infeccións perigosas ou hai un número moi baixo de linfocitos.

Como se transmite?

O VIH é transportado no seme, nas secrecións vaxinais, no sangue e no leite materno. Pódese transmitir:

  • Tendo sexo vaxinal ou anal sen métodos de protección de barreira (preservativo).
  • Compartindo agullas para drogarse, facéndose perforacións no corpo, tatuaxes, etc.
  • Tendo feridas ou ampolas abertas que entran en contacto con sangue, seme ou secrecións vaxinais infectados con VIH.
  • Dunha nai portadora do virus ao bebé, chamado transmisión vertical.
See video
VIH SIDA

 

Existen 3 tipos de probas para detectar a presenza do VIH:

  • As probas de anticorpos examinan se hai anticorpos contra o VIH no sangre o nas secrecións bucais.
  • As probas de antíxenos poden detectar a presenza do virus.
  • As probas de ácido nucleico examinan a presenza do VIH no sangue.

Ten cura?

Aínda non hai cura, pero existe un tratamento antirretroviral (TAR) que consiste no uso de medicamentos para tratar o VIH que axudan a levar unha vida máis larga e san, ademais de reducir o risco de transmisión. Este tratamento impide a reprodución do virus e destrúe os glóbulos brancos infectados.

Como se prevén o contaxio?

Para evitar a transmisión hai que seguir algúns coidados:

  • Utilizar preservativo en tódalas relacións íntimas, incluso nas orais. Tamén existe unha píldora chamada PrEP que prevén o VIH nas persoas con risco de contaxio.
  • Utilizar guantes e só material esterilizado se ten que tocar sangue ou outras secrecións.
  • No compartir xiringas.
  • No caso dunha nai portadora do VIH, non dar de mamar ao bebé.
Distribución VIH