Pampillosa volve aos mares de Irlanda

O lobo mariño, despois de recuperado, volve ao mar
6 Abril 2011
Pampillosa

Despois dos coidados recibidos nas instalacións da CEMMA en Ferrol e no acuario do Grove, este lobo mariño volve ao seu hábitat.

O pasado día 12 de xaneiro foi detectado na Praia de Pampillosa, Foz, Lugo, un exemplar de pequeno tamaño de lobo mariño cincento, ou foca gris, (Halichoerus grypus), tratábase dunha cría de poucos meses que chegou esgotada ata nosas costas. A Guardia Civil atendeu ao animal en primeira instancia, debido a que non quería voltar ao mar, mentres non chegaba a Unidade Móbil da CEMMA, para facerse cargo do exemplar e transladalo ás instalacións de recuperación.

Recibiu o nome de Pampillosa, en honor á praia onde apareceu. Dende o día da súa chegada ocupou a Unidade de Coidados Intensivos de Lobos Mariños da CEMMA, situada nas dependencias da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, onde permaneceu durante a primeira fase da súa recuperación.

Alí comprobouse que era unha femia, que medía90 cme pesaba12 kg, sendo un dos exemplares de menor tamaño tratados ata o de agora. O comportamento era de pouca agresividade, esgotamento e mesmo pasividade diante a presenza humana. Dagnosticóuselle desnutrición e deshidratación, presentaba tamén unha lixeira afección pulmonar de orixe catarral que lle provocaba tusidos e espirros. O exemplar pronto recuperou os parámetros normais de saúde dado que se alimentou por si mesmo dende o primeiro día. Foi transladada a piscina do Acuario do Grove o para abordar a segunda fase da recuperación.

Dende o día 5 de febreiro, Pampillosa permaneceu no Acuario do Grove onde dispuxo dunha instalación especialmente preparada para a súa recuperación que, dende hai anos, a dirección do Acuario do Grove cede para a recuperación de animais mariños en colaboración coa CEMMA, dentro do servizo para a asistencia e recuperación de fauna mariña salvaxe coa Dirección Xeral de Conservación.

Alí, nunha piscina de 10x5 metros, e100 cmde profundidade puido exercitar a musculatura e gañar peso ata acadar30 kg. Unha vez acadado o bo estado de saúde decídese liberala de novo ao seu medio natural. O 21 de marzo foi embarcada no pesqueiro Susa Un que a liberou ao sur de Irlanda.

Pampillosa1