Oymyakon, o lugar habitado máis frío do mundo

1 Abril 2014
Oymyakon

Como despedida do inverno e vacina contra as queixas polo mal tempo que fai a longo desa estación, xuntamos una mostra de que a cousa aínda pode ser peor, pero tamén de que en calquera tempo e situación hai motivo para a vida e o goce.

Oymyakon chegou a acadar en 1926 os -71 ºC. Está situado na república Rusa de Yakutia en Siberia nunha meseta a 750 metros sobre o nivel do mar. Alí o inverno dura como mínimo nove meses. Ten una poboación de 2.200 habitantes que viven da pesca, a gandaría, a caza, as explotacións forestais e, aínda que pareza incrible, do turismo.

Nesta presentación recollida da Internet amosamósvos este incrible lugar.