Óxido de grafeno contra substancias radioactivas

1 Xuño 2013
grafeno ox

Dende hai relativamente poucos anos, estivéronse a realizar numerosos estudos e investigacións para mellorar e aproveitar a auga en mal estado ou a auga contaminada.

Segundo estudos recentes de universidades de Rusia e Estados Unidos, o óxido de grafeno pode cumprir funcións de descontaminación da auga. Con tan só substancias microscópicas deste composto, dun tamaño aproximado ao dun átomo, pódense eliminar substancias reactivas da auga. O óxido de grafeno actúa enlazándose aos radionucleidos, que poden proceder tanto por parte da actividade humana (fábricas, centrais nucleares…) como da radiación natural, condensándoos ata que cheguen a atoparse en estado sólido. O óxido de grafeno resulta máis eficaz que outras substancias que se utilizan na actualidade para o mesmo fin, e ademais, as substancias deste elemento que se utilizan para eliminar substancias radioactivas son solubles en líquidos, o que facilita a súa función e fai que se poidan fabricar con facilidade e en grandes cantidades.

No estudo realizado, probaron o óxido de grafeno con desfeitos nucleares sintetizados con uranio e plutonio, pero que se contiñan substancias como sodio ou calcio podían dificultar a súa absorción. Non obstante, o óxido de grafeno é, como xa dixemos, máis eficaz que as arxilas de bentonita utilizadas na actualidade, e pode ser de gran utilidade para limpar lugares como a central nuclear xaponesa de Fukushima. Finalmente, esta é unha substancia óptima para este fin dado que tivo unha gran funcionalidade nunha ampla gama de valores de pH.