Outubro 2011
Outubro é o décimo mes do ano no calendario Gregoriano e ten 31 días. O nome ven do latín, pois no calendario romano era o oitavo mes. En Galicia tamén se lle chama outono.
Caen as follas das árbores e das viñas, maduran moitos froitos (noces, castañas...) e emigran as aves. No campo faise a vendima, apáñase o millo e plántanse os fabóns. No mar ábrese a veda do marisco. Tamén comeza a tempada de caza.
Desde hai una anos celébrase a festa de Hallowen e Samaín e algúns rapaces van polas casas disfrazados de algo que da medo a pedir dicindo “Truco ou Trato”. Se che din “truco” faslle unha trasnada e se che din “trato” danche caramelos ou cartos.
O tempo deste ano foi moi raro. Ata o día 19 fixo moita calor e secou todo. Nos aparellos meteorolóxicos do noso centro rexistramos unha temperatura máxima de 33 ºCos días 3 e 17. Apartír do día 19 o tempo cambio de golpe e comezaron os temporais. O día que rexistramos máis chuvia foi o 23, con 60 l/m2. O 29 cambiou a hora, adiantando os reloxos 1 hora. As horas de luz diminuíron en 133 minutos.
Algúns refráns:
-Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar.
-De setembro a San Simón non comas o mexillón.
-A verdura en San Simón dá para o amo e máis para o ladrón.