Os volcáns

4 Maio 2011
volcán

Os volcáns son condutos que poñen en comunicación directa a superficie da codia terrestre cos niveis inferiores.

Por este condutos ascende o magma (mestura de rochas fundidas e gases) que saen en forma de lava e gases. Prodúcense cando o magma atopa unha canle de saída e adoitan ter forma cónica debido aos materiais que se van acumulando arredor do cráter.

A maioría dos volcáns atópanse distribuídos polas zonas onde chocan as placas en que está dividida a codia terrestre, na superficie ou debaixo do mar.

Achegamos unha presentación feita por un grupo de alumnos e alumnas de 2º A sobre os principais volcán da Terra.